como non podo terte decidín soñarte.
así, cada noite, coa lúa espiando...
sóñote mentras na fraga xogamos a buscarnos. ...ata que nos atopamos...
sóñote mentras paseniño che fago cóxegas...ata atopar a túa sonrisa
sóñote tamén nos teus silencios, que me anulan
sóñote paseando entre libros...mentras espiamos outras vidas a través das palabras
sóñote recén saído da ducha, aínda húmido, acariciándote...
sóñote, sóñote compartindo o pracer...e casi o espertar...
sóñote, sóñote
sóñote nas noites...para poder vivir de día