20.5.09


non tiña nada especial pero era o seu castelo. catro paredes. brancas. dende a fiestra víase chegar a primavera.

alí fumaba a escondidas os pitillos mentras se escapaba do mundo por uns instantes. moreas de papeis atestiguaban que, aínda que quixese, non estaba só.

tiña un olor especial, o perfume do paso do tempo.

ela entrara poucas veces alí, non máis dunha ducia. non quería disolver o silencio. quedaba sempre, como tímida, no quicio da porta. breves palabras, un ok e un adiós.

era martes. un martes como outro calquera, pero diferente. cun aceno indicoulle que pechara a porta. enriba da mesa unha folla de libreta garabateada. Libertine, de Vivienne Westwood. asentíu coa mirada. Sí, ese era o seu perfume.

asentíu tamén mentras él lle apartaba o pelo, paseniño, buscando os secretos lugares onde nacía o perfume que o volvera tolo.

asentíu logo cando él, nun susurro, preguntou si podía espila. e paseniño tamén, ela asentindo coa mirada, as xemas dos seus dedos debuxaron unha e outra vez a súa pel.

non deixou de asentir mentras, confundidos xa os seus perfumes, sentía o frío da parede nas costas ó mesmo tempo que se fundía e confundía no seu calor, no seu olor, no canoso pelo revolto, na lingua paseando os seus beizos, no home que a penetraba e a posuía...

aínda asentía mentras as súas mans, temblorosas pero seguras, lle abotonaban, un a un, os botóns da camisa. mentras volvía o seu sitio a realidade. mentras tentaba que aquel castelo volvese a ser o de sempre. catro paredes brancas. unha fiestra por onde se colaba a primavera. moreas de papeis..

...moreas de papeis onde deixaron escrito que, ás veces, a paixón pode máis que o sentido...

15.5.09


Tes medo. Tentas escondelo trala banalidade.

Teño medo. Pero ás veces escápaseme a valentía. Ou tal vez a imprudencia. Ou quizais sexa a nostalxia.

Pero tes medo. E agóchalo trala indiferencia.

Teño medo. Pero as mans acarician as teclas como si seguisen a partitura da túa pel.

Pero tes medo. E empúrrasme cara outros beizos, outro sorriso, outras palabras.

Teño medo. Pero rescátame o abrazo infinito, e fágoche sitio. Aínda que non veñas.

Pero tes medo. E disfrázaste para ser anónimo. Ás veces invisible.

Teño medo. Pero tes medo.

Medo de atoparnos un día sen medo.

11.5.09


neste xogo de xogar ó que non somos...

neste teatro de inventarnos para non facernos dano...

...fuxín do guión por uns segundos...

....para aprehender nun abrazo un pedazo da túa alma...