15.5.09


Tes medo. Tentas escondelo trala banalidade.

Teño medo. Pero ás veces escápaseme a valentía. Ou tal vez a imprudencia. Ou quizais sexa a nostalxia.

Pero tes medo. E agóchalo trala indiferencia.

Teño medo. Pero as mans acarician as teclas como si seguisen a partitura da túa pel.

Pero tes medo. E empúrrasme cara outros beizos, outro sorriso, outras palabras.

Teño medo. Pero rescátame o abrazo infinito, e fágoche sitio. Aínda que non veñas.

Pero tes medo. E disfrázaste para ser anónimo. Ás veces invisible.

Teño medo. Pero tes medo.

Medo de atoparnos un día sen medo.

4 puntadas:

fonsilleda dijo...

Acabo de llegar de la mano del blog de Congo y yo, espero que me permitas pasarme y quedarme.
A la vista de tu comentario en su blog y de este primer texto leído, creo que vale la pena visitarte.
Te voy a enlazar para que no te me pierdas por esos vericuetos de las redes y de la memoria.
Y e que hoxe eu tiven medo.
Bicos.

Aldabra dijo...

todos temos medo... é san ter medo... nos fai mellores... só que non podemos darlle poder e que se crea o dono das nosas vidas.

biquiños,

Galeguiña dijo...

"Medo de atoparnos un día sen medo,"

Facía tempo que non lía algo que me tocara tanto coma esta peza Carapuchiña.

A dor...
....a negación.....
.... a nostalxia....

...os silencios...

... afogar por un bico afogado....

... fermoso porque é unha partitura honesta, un desnudo, unha fiestra....

gracias por ensinarnos esta voz.

giovanniag dijo...

Tu pure, o Principessa,
Nella tua fredda stanza
Guardi le stelle
Che tremano d'amore e di speranza.
Ma il mio mistero è chiuso in me.