Shshshssssssssssss...

13.12.08

Sshssssssshsss...non fagades ruido...aínda durme...

Non podo deixar de miralo. Así, durmindo, recórdame a aquela fin de semana en Soria, cando lle deu a tolería e o venres, ó sair de traballar, veume buscar e tirou para o lado contrario da casa... e non quixo dicirme a onde iamos ata que chegamos.


Unha casiña pequena, moi acolledora, cuns caseiros xa velliños que nos fixeron as mellores filloas que teña comido na miña vida. Na cama, catro cobertores para atallar o frío do inverno. No primeiro caixón da mesiña, unhas velas por si se ía a luz co trono.


Shshssssssss...durme...durme...

...váiseme a cabeza...igual que se ían voando as folerpas de neve aquel fin de semana...ese vento tolo non lles deixaba gozar o vals, ese que bailan mentras acougan...lenes...no chan...

...así, abrazada a él, gosto de soñar...ou de recordar...

...e todo para non ver...

para non ver as reixas invisibles que pechan as ventás da casa....

para non ver a blusa blanca que me facía un bo escote, esa que tanto lle gustaba ata que deixou de gustarlle...

para non ver que me fun facendo pequeniña co paso do tempo...ata non ser ninguén...

para non ver...que xa olvidei o número do móvil que tiven ata un día desapareceu, na casa. Ten razón él, debeu de roubarmo alguén...

para non ver...que un día deixei de desexar traer un fillo a este mundo...

para non ver que non se necesita un arma para matar...é suficiente a palabra.



shshshssssss...non fagades ruído...non espertedes ó monstruo...

5 puntadas:

Galeguiña dijo...

Te leo en aguas procelosas,

en inviernos pasados

no vividos.

Las rendiciones litararias son la piel que nos cubre

cuando el frío de esos inviernos muerde.

La camisa blanca, la ilusión débil...la escapada añorada.

El invierno.

Chousa da Alcandra dijo...

Shshshsssss. Serei suaviño no camiñar e silencioso na expresión. Mais lembra sempre, Carapuchiña, que un monstruo dormido non é máis que un monstruo por despertar...

Biquiños de camisa blanca

Chousa da Alcandra dijo...

(Por certo; fiches o diario El Progreso de hoxe na sua páxina 78?. Que susto!!!

A Conxurada dijo...

Sobrecolledor, fermoso pero doe.

un bico

LM dijo...

e se foges enquanto nom esperta?
beijos