21.4.09


Tiña que elixir un lugar adecuado, e non era fácil. Necesitaba un lugar neutral, pero acolledor, non extraño. A cita era importante. Finalmente decidiuse por aquela cafetería a carón da praia, a que tiña cheminea. A última vez que estivera alí foi especial, aínda que daquela foi unha entre tantas. 

Ademáis, alí seguro que tiñan ese té negro que tanto lle gustaba. E podíase fumar, algo imprescindible para un encontro destas características. 

Mellor un venres, á tardiña. Era o meu momento preferido. Ademáis en abril, un bo mes.

Levaría o ipod, a música era importante. As sucesivas melodías irían marcando o camiño, acompañando os sentimentos, revivindo as nostalxias, reconstruíndo os momentos...

Un libro tamén estaría ben, por si se aburría de vivir a súa vida. Para, aínda que só fose momentaneamente, vivir a vida doutros. Sí, levaría aquel de Noah Gordon, para viaxar ata o século XII, onde só os valientes sobrevivían. Tamén para poder escaparse cando o vento zoase forte fóra, cando a choiva batese contra os cristais(no parte deran auga para o venres)

Tiña que saír con tempo, así que decidíu pedir o día libre no traballo. Así tamén se iría mentalizando. E ademáis sabía que non soportaba a impuntualidade. 

Dáballe certa pereza, porque tiña na memoria que estos encontros sempre traen consecuencias imprevisibles.

Pero ó fin necesitaba contarse todo aquelo que a realidade silenciaba. Necesitaba escoitarse sin ser interrumpida. Necesitaba, si quería seguir sendo ela, contarse a verdade. 

A cita, con ela mesma.




5 puntadas:

matrioska_verde dijo...

pois non se me houbera ocurrido.
bicos,

Chousa da Alcandra dijo...

Parabéns por dar acotado a cita. Cadrar axendas sempre resulta complicado...

Unknown dijo...

Esas citas son as mellores :D


Que bonito é ver como van nacendo as cousas e que especial é todo ese ritual de creación no que nos metemos cada un...

...e que bonitiño que é ter fotos de esos momentos

bicos carapuchiña

Anónimo dijo...

E queda conmigo, que contigo vas te aborrecer.

Luis González Varela (Luis Celeiro) dijo...

Durante a primeiras linhas do texto pensaba que tinha unha cita con alguén que fora importante na súa vida pasada, que ela se atopaba soa, fora da realidade por vontade propia, fuxindo das derrotas fuxindos dos sonhos rotos e das batallas perdidas, fuxindos das desilusións da desesperanza.

Ía facer unha viaxe sen levar esas maletas cheas de recordos, de lembrazas que pesan que fan moito máis duro o caminho.

Pero ao final non ía atoparse con ninguén conhecido sinon coa maior desconocida de todas, ela mesma.

Gustáronme moito os detalles, o libro para leer cando un cansa da súa vida e quere sentir, coller e tocar a vida dos demais, e de seren épica ou fantástica mellor que mellor, a música, pois os sentimentos transcurren ao ritmo do seu compás e non seguindo o constante devenir do secundero do reloxo.

Gustoume tamén o tempo, a chuvia que non é máis ca o estado sentimental dun corazón solitario e triste. O vento que golpea os escombros da súa vida con forza. O frío que fai que busque o refuxio ao carón da chimenea, pois ela xa non pode manterse por si mesma.

Gustoume moito. Gracias por deixarte leer, e máis en galego.