SUPR

2.12.08


Quixen pintar a túa sonrisa e perdinme nela.

Intentei debuxar as liñas da túa man e acabei paseando por elas.

Saquei o chisqueiro para darche lume e diluínme no fume do teu pitillo.
Quixen que foses meu e acabaches posuíndonme nun segundo eterno.

Respiraba só para ulir o teu perfume.

Quixen borralo todo. Pero a tecla SUPR borrouse do teclado.

3 puntadas:

A Conxurada dijo...

Gostei moito do teu blogue, os textos son moi fermosos, e as imaxes que escolles fascínanme.

un bico

AdIvInA aDiViNaNzA... dijo...

Para borrar, gomas MILAN... hazme caso... ;D

**

Chousa da Alcandra dijo...

Sin menosprezar o consello de Adivina, probaches mollando o dediño en saliva e frotar?
(Non dou garantías de éxito neste menester)