22.8.11


aínda que non estabas eu vinte
vinte en cada un dos homes que ocupaban o espazo no que te moves

non daba creto
a pesar dos anos saltábame o peito cada vez que cría albiscarte

mais non eras ti

a un faltáballe o teu pelo pincho
a outro a túa mirada que me conquistaba
a aquel as mans tiznadas...

e mentras camiñaba esperando que apareceses na outra beira da rúa..

...sentía...

os nervios no estómago daquel día que nos bicamos no parque

ou aqueloutro no renault dezanove, mentras de fondo o locutor radiaba o partido do barça

sentía tamén a felicidade daquelas festas nas que me levabas collida da man...sen ter que escondernos...

ata a tristura da festa grande, esa na que o medo che obrigou a volver con ela...

recordei ata a conversa con nieves, na que xuraba que na vida sería feliz se ti non estabas nela...

pode que só fose unha adolescente...

sí, só era unha adolescente

pero doíches ata ben entrados os vinte.

Hoxe xa non does, pero aínda hai oco para ti na miña ialma.

Xa non does, pero aínda me salta o peito pensando en atoparte.

Non does. Non.

Pero aínda teño a dúbida de si non será a distancia a menciña que me cura.

Aínda teño a dúbida de si non doerás cando un día, inevitablemente, nos atopemos de novo.

2 puntadas:

matrioska_verde dijo...

una historia hermosa... un amor incompleto, todos tenemos alguno guardado en la mochila.

por eso comprendo bien lo que dices de la distancia.

biquiños,

p.d.: es un placer leerte, en serio, eres una perfeccionista y se nota.

Tonet dijo...

"Cuando a un bicho se le mete alguien en el corazón, se queda para siempre :)"

Un poema emocionante. Gracias ;)

Un abrazo