infinito

6.1.09


desnudáronme as túas palabras...igual que antes me desnudaban as túas caricias...

decateime ese día de que te quixen moito antes de sabelo...de que te quero moito despois de amarte...

160 caracteres foron, moitas noites, o bico de boas noites

ameite como nunca entre aquelas pedras que, aínda en ruinas, fixeron as veces de palacio. claro que unha tenda de campaña pode ser un bonito apartamento para a paixón...

e un día, mentras a mar acougaba entre as rochas, ó pé do faro, quixen parar o tempo e quedarme en ti

sempre...

...estarei para secarche as bagoas...

sempre...

...para abrazarte...


porque quérote infinito

6 puntadas:

Chousa da Alcandra dijo...

Caricias núas, bicos nas pedras da paixón. Un faro para as bágoas que nos guíe ata o abrazo infinito...

Que bonito coses nas palabras, Carapuchiña. Se fixeras traxes por encargo (que xa percibo que non), pediríache un para levar a diario e mailos días de festa tamén

Un bico de reis

serigami dijo...

E que descubremento tan fermoso fixen eu hoxe.

Señora Carapuchiña, namoreime dos seus abrazos cosidos, e co seu permiso, virei recibir algun de cando en vez.
Grazas.

A Conxurada dijo...

Moi fermoso, a miña parella e máis eu sempre dicimos que a nosa primeira casa foi a tenda de campaña, jeje.

Marinha de Allegue dijo...

Fermosa palabras enlazadas e rematadas...

Unha aperta.
:)

Lu dijo...

Ao final o vento levará as palabras, erosionará aquelas pedras... o tempo desfará a tenda de campaña e un despiste ou un fallo farán que eses 160 caracteres que con tanto mimo gardabas no disco duro desaparezxan por arte de maxia. Nada permanece, todo é efímero... nada? todo? como ben me enseñades, as verdades absolutas non existen. Aínda que todo iso desapareza quedarán os sentimentos: aquelo que sentes durante o sms, eso "especial" que se respiraba na tenda queda na nosa memoria para sempre.
Esas lembranzas foron cosidas con puntada dobre e fío de ferro
11

Burelés dijo...

Lin este abrazo o primeiro día, Carapuchiña, pero non fun quen de deixar a miña opinión ata agora, pese a que o intentei en días consecutivos.

Disimulei e mentín, pero o certo é que quedei mudo. Nu polas palabras precisas, que tocaron as cicatrices incandescentes e pracenteiras do sentimento, incluso aquelas que se agochan invisibles baixo unha coidada operación de ciruxía estética.

Moitas cousas se esvaecen, pero sempre queda o sentimento cicatrizado, cosido a lume na alma e queda, por suposto, a luz do faro; que pola calor que irradia nalgunhas noites e por como mornea e abafa as entrañas dos que se abrazan aos seus pes, ben podería ser un vello facho, que nos lembra cada escurecer e propaga ás estrelas que seguimos aquí.

Grazas por facerme sentir.