23.3.09


Tantas veces quixen abrirlle a porta ás palabras...

Pero sempre a culpa. A maldita culpa.

Pero sempre o medo. O maldito medo.

Pero sempre o silencio. O maldito silencio. Afogándome a voz.

6 puntadas:

Chousa da Alcandra dijo...

Ainda coa porta pechada, ti fala sempre Carapuchiña. O monte e maila palabra non teñen cancelas.

Bicos

A do outro lado da xanela dijo...

Chego e de súpeto atopo o silenzo, o medo e a cobardía...

serán males comúns?

Polo de agora, se mo permites, parareime un pouco na túa casa... prometo non molestar nin poñer os pés enriba da mesa.

Un saúdo!

Farru dijo...

Que nin o medo nin a culpa sean complices do silencio e que nada impida que a voz saia fora e colla aire. Bicos

Anónimo dijo...

si non fora polo medo, que libres seríamos e a dónde chegaríamos...pero tamen nos protexe...ainda que nos protexemos do que non fae falla.

A Conxurada dijo...

Supoño que iso nos pasa a todos a miúdo, e supoño tamén que por iso algunha xente precisa escribir.

L. Celeiro dijo...

Non vou dicir nada, porque nada que poda eu escribir aquí pode mellorar eses versos.