
Start para cando empeza o xogo
Play para cando bailas sobre min
Pause para facer eternas as caricias
Mute para que cales, para obviar as túas palabras cando me recordan que ela existe
Voz para cando me abrazas con palabras
Enter para cando me afoga o desexo
Rew para rebobinar a enter
Stop para que non remate nunca