
Hai moito tempo regaláronme unha caixa chea de lápices de cores. Hoxe decidín abrila.
No seu interior había lapiceiros. Pero ademáis atopei un montón de cousas que xa non recordaba posuír.
Atopei un papel pintado con extrañas liñas que semellaban un circuito. Tamén o meu primeiro móbil. E un libro de Benedetti. Con dedicatoria.
Había tamén apuntes, os conceptos borrados polo paso do tempo. Estaban escritos con bolígrafo de cor violeta. Durante moito tempo esa foi a miña cor preferida.
E un tique de autobús de liña regular. Grapado, un billete de tren. O mesmo destino.
Ata un paquete de tabaco vacío, da marca que fumaba daquela, cun teléfono apuntado. O número marcado xa non existe. Vaia, é un bonito número. Déixame unha estrana sensación de intimidade. Mágoa non recordar a quen pertence.
Ó fondo, unha folla de libreta doblada imitando un sobre. Cunhas letras,
para cando necesites un abrazo. Dentro, fío de cores.