7.10.09


como non podo terte decidín soñarte.

así, cada noite, coa lúa espiando...

sóñote mentras na fraga xogamos a buscarnos. ...ata que nos atopamos...

sóñote mentras paseniño che fago cóxegas...ata atopar a túa sonrisa

sóñote tamén nos teus silencios, que me anulan

sóñote paseando entre libros...mentras espiamos outras vidas a través das palabras

sóñote recén saído da ducha, aínda húmido, acariciándote...

sóñote, sóñote compartindo o pracer...e casi o espertar...

sóñote, sóñote

sóñote nas noites...para poder vivir de día


gústame cando chove...
gústame cando chove forte...

porque as gotas fan tanto ruido que non te escoito dentro de min...
porque as gotas esvaran por min e soño que me liberan de ti...

gústame cando chove...
porque só es un reflexo nas rúas anegadas...

gústame cando chove
aínda que cada gota me desabroche a alma