como non podo terte decidín soñarte.
así, cada noite, coa lúa espiando...
sóñote mentras na fraga xogamos a buscarnos. ...ata que nos atopamos...
sóñote mentras paseniño che fago cóxegas...ata atopar a túa sonrisa
sóñote tamén nos teus silencios, que me anulan
sóñote paseando entre libros...mentras espiamos outras vidas a través das palabras
sóñote recén saído da ducha, aínda húmido, acariciándote...
sóñote, sóñote compartindo o pracer...e casi o espertar...
sóñote, sóñote
sóñote nas noites...para poder vivir de día
7 puntadas:
Gustoume especialmente o verso "sóñote paseando entre libros...mentras espiamos outras vidas a través das palabras"
Precioso poema, unha vez máis. Obrigado por poder leerte nas horas de clasem cando canso de "traballar" dou voltas pola rede en busca de algo que me faga pensar.
Todos sonhamos espertos e durmidos con persoas as que amamos dende o silencio da soidade.
Bico.
Precioso Carapuchiña. Hai que seguir soñando, sempre, non perder a capacidade de imaxinar ou evocar momentos xa vividos.
E hai que seguir facendo cóxegas e espiando a través doutras letras e outras vidas.
Bicos.
E xa dixo o poeta que despois...soñou que soñaba.
Un bico mollado de outono
que triste, CARAPUCHIÑA, e que fermoso ó mesmo tempo... canto amor perdido ou gañado.
biquiños,
Hacía tiempo que no me pasaba por aquí.
Ha merecido la pena.
un beso.
Yaiza.
Tamen gostaríame ter algun sono, pero como xa non estou pàra moitas leiras, confórmeme con contar ovellas.
Bicos
Pienso en los sueños
esa puerta hacia nosotros mismos.
Nos muestran más intrépidos
más valientes
menos leales
más humanos.
Pienso en tus sueños ahora,
tan sensibles
tan cargados de piel
tan hambrientos
que me quema
sólo pensar que el sueño recurrente
en un plis
se hace jaula.
Y una vez dentro,
los días se cuentan, pero no pasan.
Publicar un comentario