21.4.09


Tiña que elixir un lugar adecuado, e non era fácil. Necesitaba un lugar neutral, pero acolledor, non extraño. A cita era importante. Finalmente decidiuse por aquela cafetería a carón da praia, a que tiña cheminea. A última vez que estivera alí foi especial, aínda que daquela foi unha entre tantas. 

Ademáis, alí seguro que tiñan ese té negro que tanto lle gustaba. E podíase fumar, algo imprescindible para un encontro destas características. 

Mellor un venres, á tardiña. Era o meu momento preferido. Ademáis en abril, un bo mes.

Levaría o ipod, a música era importante. As sucesivas melodías irían marcando o camiño, acompañando os sentimentos, revivindo as nostalxias, reconstruíndo os momentos...

Un libro tamén estaría ben, por si se aburría de vivir a súa vida. Para, aínda que só fose momentaneamente, vivir a vida doutros. Sí, levaría aquel de Noah Gordon, para viaxar ata o século XII, onde só os valientes sobrevivían. Tamén para poder escaparse cando o vento zoase forte fóra, cando a choiva batese contra os cristais(no parte deran auga para o venres)

Tiña que saír con tempo, así que decidíu pedir o día libre no traballo. Así tamén se iría mentalizando. E ademáis sabía que non soportaba a impuntualidade. 

Dáballe certa pereza, porque tiña na memoria que estos encontros sempre traen consecuencias imprevisibles.

Pero ó fin necesitaba contarse todo aquelo que a realidade silenciaba. Necesitaba escoitarse sin ser interrumpida. Necesitaba, si quería seguir sendo ela, contarse a verdade. 

A cita, con ela mesma.




16.4.09


cantas palabras empregamos para non dicir nada...

e que poucas serían necesarias para dicilo todo

13.4.09


y decidió escribir este diario para contarle todo lo que no se atrevía a contarse a sí misma...

y decidió ser otra para vivir a través de sus palabras...

y decidió esconderse en el anonimato...porque allí se hablaban...

...porque escribiendo le ganaba la partida a la realidad...

9.4.09






...sen ti non podo...sen ti non podo vivir...


sen ti. só ausencia de ti.

1.4.09


Olvidaches o pijama...e con él as madrugadas...

Recén lavado...impedíndome sumerxirme en ti, de novo, cada noite...

De franela, trae á miña pel o recordo da túa pel, cando, paseniño ou con paixón, se enredaba entre as sabas para que tamén os nosos corpos se enredasen...

Olvidaches o pijama...e agora fumo sola o pitillo de despois...