31.1.09


puxen o meu corazón nas túas mans...levaba millóns de caricias, fío para coser abrazos, bicos apaixoados...

...hoxe devólvesmo...debéndome caricias, sen fío pero con agullas, con bicos fríos...

...e xa non late en min

22.1.09



La Voz de Galicia. Páxina sete empezando polo final. 

Un día máis. Mesmo lugar. Mesma hora. Mesma páxina do periódico.

Sobre un taburete, xusto na esquina de todo da barra, casi escondido. Gafas sen montura. Cabelos negros. Non moi largo, pero tampouco curto. Cazadora de coiro. Polo verde. Pantalóns de pana. Negros. Pana finiña.

Páxina sete empezando polo final.

- zume de pomelo, por favor.

Busco o tabaco no bolso. - Joder! olvidei o chisqueiro. Coma sempre. 

Nin ademán de darme lume. Demasiado concentrado na páxina sete empezando polo final.

- Moitas gracias. Tamén polo chisqueiro. [Acabará por regalarmo a camareira, farta xa de acenderme o pitillo]

Levántase. Leva o mesmo perfume de tódolos días. 

Collo o periódico. Hoxe todo parece bonito. Rostros ilusionados. Serán as datas.

Paso as páxinas case sen ler. Estou desganada.

Páxina sete empezando polo final. 9 números redondeados a boli. 

Unha nota ó marxe.

321 días despois. Hoxe non atopo letras para xuntar o teu nome. A lotería só deixa números. Chámame.

14.1.09



Son rebeldes os teus ollos. Falan eles todo o que ti calas.

Hoxe dixéronme que cada día vas tecendo en ti unha parte de min. As agullas son sorrisos. O fío azul. Como a túa mirada.

Pero buscas noutras o que non te atreves a pedirme. Non, si o entendo. Eu non podo darcho. Aínda que ás veces penso que tal vez me gustaría.

E aínda que non debo, non me resisto a perfilar os labios cada mañá, asomada ó retrovisor do coche, mentras non abre o semáforo da esquina. Para que cada noite poidas darlle outra puntada a ese tatuaxe de min que ves sendo ti.

12.1.09


Pasoume como a Platón, pensei que ese mundo era todo o mundo.

Afortunadamente saín da caverna.

infinito

6.1.09


desnudáronme as túas palabras...igual que antes me desnudaban as túas caricias...

decateime ese día de que te quixen moito antes de sabelo...de que te quero moito despois de amarte...

160 caracteres foron, moitas noites, o bico de boas noites

ameite como nunca entre aquelas pedras que, aínda en ruinas, fixeron as veces de palacio. claro que unha tenda de campaña pode ser un bonito apartamento para a paixón...

e un día, mentras a mar acougaba entre as rochas, ó pé do faro, quixen parar o tempo e quedarme en ti

sempre...

...estarei para secarche as bagoas...

sempre...

...para abrazarte...


porque quérote infinito

4.1.09



Quixen crer que xogabas conmigo. Pero xogabas sen min. 

Lía entre liñas; ata os puntos e coma.  Agora sei que non escribías nada.

Merquei uns tacóns de agulla. Mudei o meu vestiario para gustarche. Sería iso, pensei.

Pero era máis fácil que todo iso. E máis duro.

É só un corazón aristocrático.