Son rebeldes os teus ollos. Falan eles todo o que ti calas.
Hoxe dixéronme que cada día vas tecendo en ti unha parte de min. As agullas son sorrisos. O fío azul. Como a túa mirada.
Pero buscas noutras o que non te atreves a pedirme. Non, si o entendo. Eu non podo darcho. Aínda que ás veces penso que tal vez me gustaría.
E aínda que non debo, non me resisto a perfilar os labios cada mañá, asomada ó retrovisor do coche, mentras non abre o semáforo da esquina. Para que cada noite poidas darlle outra puntada a ese tatuaxe de min que ves sendo ti.
2 puntadas:
;-)
**
E se as agullas son sorrisos o dos ollos azuis acabará por coser gargalladas de tela...(Malpocado!, que a sua timidez non lle permite pedirche o que ti queres darlle i el desexa a puntadas vista)
Publicar un comentario