mais agora ámote doutro xeito
lene, pausado, desapaixoado
Dinme conta cando do amor liscou a esperanza de volver a sentirte
cando sacudín as caricias, conxelei os abrazos e agochei os orgasmos na memoria
Que eu sempre te vou amar sábelo
que te amo como soldado á batalla
Máis agora xa non é amor de amantes
é un amor de amigos
máis san, porque non sufro
pero eterno, porque xa non dependo de ti.