Buscando

20.12.08


Será o noso secreto- quería dicir- tesme que axudar a construirme de novo- pensei-

Disfracei a petición de consello profesional. Fixen.


Custoume pronunciar as palabras que che calman, porque unha pequena dose apenas fai efecto.

Esa menciña que atopaches logo seguro que che vai mellor.


Poñerme enfrente miña para ver si os meus ollos che din o que ocultan as miñas palabras. Pensei cando me preguntaches que quería. 

Café solo. Respostei. 

4 puntadas:

Chousa da Alcandra dijo...

Moito olliño coas pequenas doses, costureiriña. Elas son as que rematan en grandes adiccións...

(Café cortado para min)

AdIvInA aDiViNaNzA... dijo...

echamos de menos que actualices pero YA!
**

Chousa da Alcandra dijo...

Que deas moitas puntadas doces no ano impar que se achega e que enfíes moitas agullas coa mirada serena da tranquilidade. Que o dedal da seguridade impida que te manques nos dedos e que a costura che saia sempre un brocado de ledicias.

Moita felicidade para o 2009, Carapuchiña!

Prosapia dijo...

este é un deses momentos nos que me gustaría que me lesen a mente :)
bicos e feliz 2009