plantei unha cerdeira o día que decidiches deixar de amarme
para que en inverno as follas que xa marcharan
me recordaran o frío dos teus últimos abrazos
que foi mellor que marcharas
para que en primavera con cada flor que agromara
me recordara todas as que nunca me regalaches
que foi mellor que marcharas
para que no verán as polas cargadas de cereixas
propiciaran a sombra necesaria para olvidarte
que foi mellor que marcharas
para que no outono, as follas caendo
me recordaran como te fuches desprendendo de min
que foi mellor que marcharas
máis a cerdeira, teimuda
no inverno, espida ela das súas roupas,
recórdame o teu corpo espido
que oxalá estiveras aquí
na primavera, con cada flor que agroma
recórdame o meu corpo agromando
que oxalá estiveras aquí
no verán, coas cereixas xa maduras
recórdame os teus beizos saborosos
que oxalá estiveras aquí
no outono, cando as follas se desprenden, lenemente
recórdame as túas caricias esvarando por min
que oxalá estiveras aquí
plantei unha cerdeira,o día que decidiches deixar de amarme
para recordar que foi mellor que marcharas
para axudarme a olvidarte
pero a cerdeira, teimuda, medra e medra
para recordarme que oxalá estiveras aquí
porque sigo amándote
3 puntadas:
Hai tempo que debín plantar eu tamén unha cerdeira.
Fermoso e triste.
o amor é o teimudo, non a cerdeira... só marcha do noso corazón cando lle peta.
ó poema desprede door e nostalxia.
pero non olvides que non hai que mirar atrás si non cada adiante.
biquiños,
Xenial! Parabéns.
Publicar un comentario