22.1.09



La Voz de Galicia. Páxina sete empezando polo final. 

Un día máis. Mesmo lugar. Mesma hora. Mesma páxina do periódico.

Sobre un taburete, xusto na esquina de todo da barra, casi escondido. Gafas sen montura. Cabelos negros. Non moi largo, pero tampouco curto. Cazadora de coiro. Polo verde. Pantalóns de pana. Negros. Pana finiña.

Páxina sete empezando polo final.

- zume de pomelo, por favor.

Busco o tabaco no bolso. - Joder! olvidei o chisqueiro. Coma sempre. 

Nin ademán de darme lume. Demasiado concentrado na páxina sete empezando polo final.

- Moitas gracias. Tamén polo chisqueiro. [Acabará por regalarmo a camareira, farta xa de acenderme o pitillo]

Levántase. Leva o mesmo perfume de tódolos días. 

Collo o periódico. Hoxe todo parece bonito. Rostros ilusionados. Serán as datas.

Paso as páxinas case sen ler. Estou desganada.

Páxina sete empezando polo final. 9 números redondeados a boli. 

Unha nota ó marxe.

321 días despois. Hoxe non atopo letras para xuntar o teu nome. A lotería só deixa números. Chámame.

4 puntadas:

Chousa da Alcandra dijo...

Nunca fagas moito caso do que din os periódicos. Ultimamente so traen tres verdades: a data, o prezo e as esquelas!!

AdIvInA aDiViNaNzA... dijo...

Eso te pasa por mirar La Voz... arrólateeee =)

**

Myself dijo...

mmm... eu chamaría, pero seguro que é unha liña 906... xD

muà!!

Luis González Varela (Luis Celeiro) dijo...

Que romántico. Todos ese días, todos eses encontros no que non se atreve nin a mirala, buscando letras para imaxinarla só a partir do seu nome.

Cheguei aquí dende algúns retais e xa non dou marchado. Hoxe non tenho tempo pra máis pero prometo volver. Gustame como escreves.

Bicos.