31.1.09


puxen o meu corazón nas túas mans...levaba millóns de caricias, fío para coser abrazos, bicos apaixoados...

...hoxe devólvesmo...debéndome caricias, sen fío pero con agullas, con bicos fríos...

...e xa non late en min

4 puntadas:

Chousa da Alcandra dijo...

Lembra, Carapuchiña, que non todos somos ciruxáns cardiovasculares; polo que non debes ter en conta o paro cardíaco.
Eso sí, o de desenfiar a agulla non ten perdón!. Ou si?

Myself dijo...

seguro que hai moitos máis costureiros dispostos a porlle fío...

:D

A Conxurada dijo...

Estou con Myself.

Un bico

Anónimo dijo...

quen fora xastre ou tan sequera zapateiro remendón para enfiar unha desas agullas e facerche un sete nese corazón.