escribo porque só así podo falar en silencio...
escribo porque preñada da túa ausencia só así podo parir a nostalxia...
escribo para desnudarme de ti...
escribo...escribo...
...e palabra a palabra vou tecendo un vestido...desnudándome de ti e vestíndome de min
4 puntadas:
"Falar en silencio", gritar tamén silencios precisamente para esquecer.
Preciosa a túa forma de dicir.
Bicos
Falar en silencio é unha xenialidade. Cando hai proximidade visual ainda cos demos; pero a través da distancia...xa ten máis mérito.
e penso que o hás de conseguir... quedar limpa do seu rastro sobre a tua pel.
pero será duro, xa o sabes.
biquiños,
Téñoche xa entre os meus blogs. Son a mesma: Fonsilleda que o Cajón de Sastra.
Aldabra é moi amable e debe andar polos dous.
Un é das miñas cousas o outro das que invento.
Grazas de todos os xeitos.
Bicos.
Publicar un comentario