gústame cando chove...
gústame cando chove forte...
porque as gotas fan tanto ruido que non te escoito dentro de min...
porque as gotas esvaran por min e soño que me liberan de ti...
gústame cando chove...
porque só es un reflexo nas rúas anegadas...
gústame cando chove
aínda que cada gota me desabroche a alma
4 puntadas:
Precioso poema e preciosa imaxe.
A choiva, as tardes chuviosas polas rúas de pedra das nosas vilas e cidades. Sentimentos compartidos polos membros dun pobo orgullloso do seu lar, do seu sentimento.
Bonito ese recordo reflectido nos brillos que permite a auga, nese esquecemento, que non é, precisamente polo ruído que produce cando cae forte.
Estes días inspiráronche "a fondo".
Bicos.
a mín tamén me gusta.
a choiva ten un son enternecedor.
biquiña
omo chove miudiño.
Como miudiño chove.
Pola banda de Laiño
Pola banda de Lastrove.
Bicos
Publicar un comentario