Pecando...

6.12.08



Ira cando lle dedica aínda que só sexa un segundo á rubia de bote. Porque a vanidade péchalle ós ollos.

Gula porque bebería ata anegarme só por compartir con él ese tinto que tanto lle gusta.

Envexa do seu pasado sen min. Porque non fun eu quen lle mercou a camisa de cuadros azuis. Pero foi alguén.

Preguiza de que saia de min porque quero vivir na éxtase permanente.

Soberbia porque ninguén mellor ca min. Para amalo e tamén para odialo.

Luxuria porque unha e outra vez arrinco cos dentes os botóns da camisa de cuadros azuis.

Avaricia porque merquei todos os pintalabios do mercado porque só eu me pinto para él.


Pecados ou loucura?

4 puntadas:

Chousa da Alcandra dijo...

Pecattu capitale. Mais do xeito maxistral que os expós, eu diría que os sete xuntos redúcense nun; non si Carapuchiña?. I ese lapsus carnis, do que curiosamente falo eu tamén hoxe no meu blog, é tan humano coma o respirar, pensar, imaxinar...; polo tanto podes ir en paz e sen penitencia, filla...
Ego absolovo pecatis tuis...

Prosapia dijo...

hola! acabo de descubrirte por casualidad y me encanta tu blog, espero que no te importe que te agregue entre los blogs que visito jeje, pasaré más por aquí
(eu tamén falo galego, pero é moi básico xD)
besos

Raposo dijo...

Eu tamén te absolvo desa bendita loucura.

Carapuchiña Vermella dijo...

Chousa e Raposo,

Despois de absolverme vou logo seguir pecando...

Carapuchiña