21.11.09

...porque agora a nosa historia aliméntase de letras. como as que agora escribo.
de miradas furtivas, mesmo esquivad.
de palabras non ditas.
ata de bicos formais.
mesmo de excusas peregrinas.

aliméntase de quero e non podo. e non debo. e as veces tampouco quero [pásame cando non quero querer]

mais eu teño fame de ti.

3 puntadas:

matrioska_verde dijo...

como doe todo despois de, como doe seguir querendo despois de,

faise duro coller azos para sorrír.

biquiños,

fonsilleda dijo...

É un pracer visitarche, pararme nas túas letras e deixar que a imaxinación absórbaas para desenvolver as súas imaxes.
Bicos

Chousa da Alcandra dijo...

O importante é alimentarse, ainda que sexa de (sopa de) letras. Despois, xa irán aparecendo ganas de torresmos con pan. Xa verás.

Bicos con letras