
Tantas veces quixen abrirlle a porta ás palabras...
Pero sempre a culpa. A maldita culpa.
Pero sempre o medo. O maldito medo.
Pero sempre o silencio. O maldito silencio. Afogándome a voz.
o blog de Carapuchiña Vermella








Unha casiña pequena, moi acolledora, cuns caseiros xa velliños que nos fixeron as mellores filloas que teña comido na miña vida. Na cama, catro cobertores para atallar o frío do inverno. No primeiro caixón da mesiña, unhas velas por si se ía a luz co trono.



Atopei un papel pintado con extrañas liñas que semellaban un circuito. Tamén o meu primeiro móbil. E un libro de Benedetti. Con dedicatoria.
Había tamén apuntes, os conceptos borrados polo paso do tempo. Estaban escritos con bolígrafo de cor violeta. Durante moito tempo esa foi a miña cor preferida.